O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:
Obxecto: subministración de conexións e outros.
Orzamento: 15.167.352 ptas.
Garantía provisional: 303.347 ptas.
Lote 1: chave 3 vías.
Orzamento: 1.305.600 ptas.
Garantía provisional: 26.112 ptas.
Lote 2: tapón Interm. luer-look.
Orzamento: 2.293.200 ptas.
Garantía provisional: 45.864 ptas.
Lote 3: esponxa ollo (hemosteta).
Orzamento: 748.800 ptas.
Garantía provisional: 14.976 ptas.
Lote 4: tubo bulbo 7 mmx30 m (rolo).
Orzamento: 1.144.044 ptas.
Garantía provisional: 22.881 ptas.
Lote 5: tubo bulbo 7 mmx2,4/3 m (cortado).
Orzamento: 3.595.200 ptas.
Garantía provisional: 71.904 ptas.
Lote 6: tubo bulbo osíxeno 5 mm (rolo).
Orzamento: 431.424 ptas.
Garantía provisional: 8.628 ptas.
Lote 7: diversas alargadeiras.
Orzamento: 2.666.484 ptas.
Garantía provisional: 53.330 ptas.
Lote 8: conexión recta universal 8x8x8.
Orzamento: 459.000 ptas.
Garantía provisional: 9.180 ptas.
Lote 9: manguitos de presión 500 e 1.000 cc.
Orzamento: 789.600 ptas.
Garantía provisional: 15.792 ptas.
Lote 10: diversas drenaxes torácicas.
Orzamento: 942.000 ptas.
Garantía provisional: 18.840 ptas.
Lote 11: drenaxe Pleur. pediátrico-adulta.
Orzamento: 792.000 ptas.
Garantía provisional: 15.840 ptas.
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións, calendario de entregas e, se é o caso, a partir dos 15 días seguintes á sinatura do contrato.
Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos artigos: 20%.
Servicio da subministración: 20%.
Total: 100%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demáis documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006-A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 15 de febreiro de 1999.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña