Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a subministración de liñas p/diálise e outros (C.P. 42/1999).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Obxecto: subministración de liñas p/diálise e outros.

Orzamento: 30.325.920 ptas.

Garantía provisional: 606.518 ptas.

Lote 1: liña arterio-venosa p/monitral.

Orzamento: 3.960.000 ptas.

Garantía provisional: 79.200 ptas.

Lote 2: liña p/cicladora Pers. e Prolong. p/Sist. D.P.

Orzamento: 5.126.400 ptas.

Garantía provisional: 102.528 ptas.

Lote 3: kit Hemof. UVI arteria/vea e vea/vea.

Orzamento: 3.389.760 ptas.

Garantía provisional: 67.795 ptas.

Lote 4: apósito HD.

Orzamento: 1.330.560 ptas.

Garantía provisional: 26.611 ptas.

Lote 5: Desinf. e Desincrust. H.D.

Orzamento: 4.620.000 ptas.

Garantía provisional: 92.400 ptas.

Lote 6: tapón equipo desconexión «y».

Orzamento: 1.411.200 ptas.

Garantía provisional: 28.224 ptas.

Lote 7: agulla fístula 15g longa.

Orzamento: 1.632.000 ptas.

Garantía provisional: 32.640 ptas.

Lote 8: Cat. Subcla. H.D. 11,5 x 20 D. luz.

Orzamento: 7.680.000 ptas.

Garantía provisional: 153.600 ptas.

Lote 9: Cat. xugular H.D. 11,5 x 150 curvo.

Orzamento: 1.176.000 ptas.

Garantía provisional: 23.520 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións, calendario de entregas e, se é o caso, a partir dos 15 días seguintes á sinatura do contrato.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos artigos: 20%.

Servicio da subministración: 20%.

Total: 100%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demáis documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006-A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta

baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 15 de febreiro de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña