O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:
Obxecto: subministración de xiringas.
Orzamento: 17.633.052 ptas.
Garantía provisional: 352.661 ptas.
Lote 1: xiringa luer 2, 5, 10 e 20 ml.
Orzamento: 8.006.640 ptas.
Garantía provisional: 160.133 ptas.
Lote 2: xiringa luer 50 ml.
Orzamento: 546.000 ptas.
Garantía provisional: 10.920 ptas.
Lote 3: xiringa catéter 50 ml. Aliment.
Orzamento: 1.883.700 ptas.
Garantía provisional: 37.674 ptas.
Lote 4: xiringa luer-lock 50 ml.
Orzamento: 709.800 ptas.
Garantía provisional: 14.196 ptas.
Lote 5: xiringa 1 ml. 0,5x16 mm.
Orzamento: 1.152.000 ptas.
Garantía provisional: 23.040 ptas.
Lote 6: xiringa insulina.
Orzamento: 921.600 ptas.
Garantía provisional: 18.432 ptas.
Lote 7: xiringa p/gases c/agulla.
Orzamento: 4.067.712 ptas.
Garantía provisional: 81.354 ptas.
Lote 8: xiringa p/gases s/agulla.
Orzamento: 345.600 ptas.
Garantía provisional: 6.912 ptas.
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións, calendario de entregas e, se é o caso, a partir dos 15 días seguintes á sinatura do contrato.
Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos artigos: 20%.
Servicio da subministración: 20%.
Total: 100%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demáis documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006-A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 15 de febreiro de 1999.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña