Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Leiro-F.P. Rianxo.
Situación: Rianxo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 525 m de lonxitude en condeuctor R.H.V. 12/20 kV 240 mm, que parte do C.T. Tanxil e remate no C.T. Fincheira. L.M.T. subterránea a 20 kV de 675 m en conductor R.H.V. 240 mm Al con orixe no apoio L.M.T. Figueira Alveriña e remate no C.T. Rianxiño. Saídas de B.T. Subt. do C.T. Fincheira de 800 m de lonxitude. Reformas dos CC.TT. Tanxil e Rianxiño con celas prefabricadas. Rianxo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 1 de febreiro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña