Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/195-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. aéro-subterránea, Ansede-Cornido-Río do Pozo.

Situación: Narón.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea-aérea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x240) mm Al en tramos subterráneos e sobre apoios formigón existente e con conductor LA-110 en tramo aéreo nomeada Ansede-Cornido-Río do Pozo: de 2.020 m de lonxitude, con orixe na subestación de Conrido e remate inmediacións instituto de Narón, tramo subterráneo. De 1.730 m de lonxitude, con orixe en inmediacións instituto de Narón e remate en Feal, tramo subterráneo. De 965 m de lonxitude, con orixe en Feal e remate en polígono Río do Pozo, tramo aéreo. Narón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 1 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña