Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Sub. Santiago II, C.D. Hospital.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 3.575 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240 mm Al) que parte da subestación Santiago II e remate no centro de distribución do novo hospital xeral. Concello de Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 1 de febreiro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña