Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S, C.T Avda. da Pasaxe, 33.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: Ramal L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 15 m de lonxitude, que parte da L.M.T. subterránea Eirís-Os Castros e remata no C.T.
Avda. da Pasaxe, 33 de 400 kVA-Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novmebro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 27 de xaneiro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña