Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. Avda. das Mariñas s/n.
Situación: Oleiros.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 45 m de lonxitude con conductor R.H.V. de 240 mmAl, que parte da L.M.T. S. Marcos, Granxal, tramo Icaria B. Bilbao pasando polo C.T. de Avda. das Mariñas s/n. Perillo, tipo interior de 250 kVA. Concello de Oleiros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 27 de xaneiro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña