Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Camballón-Tuiriz.
Situación: Concello de Vila de Cruces.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea forrada, a 20 kV, con conductor P.A.S. 50, sobre apoios de formigón, de 1.094 m de lonxitude, desde o apoio s/n da L.M.T. Cruces ata o apoio 9 proxectado. L.M.T. aérea espida, a 20 kV, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, de 1.073 m de lonxitude, desde o apoio 9 da L.M.T. Camballón-Tuiriz ata o apoio s/n existente, no concello de Vila de Cruces.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 22 de xaneiro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra