Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Apedrado.
Situación: Moraña.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa, a 20 kV, de 452 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 7 da L.M.T. Segade rematando no C.T. que se proxecta en Apedrado, concello de Moraña. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 40 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. de Apedrado e R.B.T. aérea, de 731 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. de Ruibal.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 13 de xaneiro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra