Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PINO

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Pino.

2. Obxecto do contrato: execución da obra: travesía igrexa Arca 1ª fase-Prazo de execución: 9 meses.

3. Tramitación: urxente, procedemento: aberto; forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 22.760.163 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías: provisoria: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello do Pino. Enderezo: Pedrouzo, Arca.

Localidade: O Pino, CP: 15.821, teléfono: 981 51 10 02.

7. Requisitos do contratista: clasificación: G, 6, c).

8. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse cos requisitos establecidos no prego, no prazo de trece días naturais contados a partir do último anuncio publicado. Presentaranse na Secretaría do Concello en horario de 9 a 13 horas.

9. Apertura de plicas: terá lugar o primeiro día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións, ás doce horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O Pino, 22 de febreiro de 1999.

Rubricado