Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de procedemento aberto con forma de poxa de parcelas do polígono industrial de Sabón.

Obxecto: alleamento da parcela número 110-C do polígono industrial de Sabón para a instalación dunha industria.

A superficie, pendente de replanteo unha vez adxudicada provisionalmente a parcela, tipo de licitación e garantía provisional que hai que depositar é a seguinte:

Parcela nº: 110-C.

Superficie: 5.248,05 m.

Prezo: 18.368.175 ptas.

Garantía provisional: 367.364 ptas.

Garantía provisional: consiste no 2% do prezo de licitación, que será depositada na Sección de Patrimonio e Contratación (5ª planta do pazo provincial).

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: as plicas poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación no prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.

Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Publícase anuncio máis extenso no BOP.

A Coruña, 9 de febreiro de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña