Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PINO

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Pino.

2. Obxecto do contrato: Servicio de conservación, vixilancia e limpeza do Camiño de Santiago.

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

4. Tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 2.285.236 ptas. (IVE incluído).

6. Garantía definitiva: 4% do tipo de licitación.

7. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello do Pino. Enderezo: Pedrouzo, Arca.

Teléfono: 981 51 10 02. Fax: 981 51 11 23.

8. Presentación de ofertas: o prazo de presentación de ofertas será de trece días naturais contados a partir do seguinte ó último anuncio publicado.

A documentación que se debe presentar será a que se especifica no prego de cláusulas administrativas.

O lugar de presentación das ofertas será na Secretaría do Concello.

9. Apertura de plicas: Casa Consistorial. Doce trinta horas do primeiro día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O Pino, 4 de febreiro de 1999.

Rubricado