Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión ordinaria do día vinteoito de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, acordou aprobar inicialmente as seguintes modificacións puntuais das normas subsidiarias de planeamento:

-Modificación puntual relativa á delimitación de nova unidade de execución e organización de volumes en Cantalarrana.

-Modificación puntual no ámbito da unidade de execución U.E.I.-3.

-Modificación puntual para ubicación da deporadora de augas residuais de Veigue.

-Modificación puntual do plan especial de protección das Brañas(P.E.-3).

De conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, expóñense ó público na secretaría deste concello no prazo dun mes contado desde a aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia co fin de que calquera que o desexe poida examinalas e presentar durante o dito prazo as alegacións que coide oportunas.

Sada, 1 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado