Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

Con data do 4 de febreiro de 1999 foi aprobado pola comisión de goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación da obra de beirarrúas en marxe esquerda da travesía de San Cibrao (CP nº 1) o que se expón ó público na secretaría do concello, durante o prazo de 8 días hábiles, para

que poidan presentarse reclamacións, contados a partir do seguinte ó da inserción do derradeiro anuncio no BOP ou no DOG.

Asemade, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato, se ben a licitación se aprazará cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o devandito prego.

1. Entidade adxudicadora:

Concello de San Cibrao das Viñas.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: realización da obra de beirarrúas en marxe esquerda da travesía de San Cibrao (CP nº 1).

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: San Cibrao das Viñas.

d) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 18.000.000 de ptas. (dezaoito millóns de pesetas).

5. Garantías:

Provisional: 360.000, 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento do contrato base de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Secretaría do Concello de San Cibrao das Viñas, en horario de 9 a 14 horas.

b) Domicilio e teléfono: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, praza da Constitución, 1. San Cibrao das Viñas. Tfno.: 988 38 10 34. Fax: 988 38 11 01.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Un exemplar do proxecto e do prego de cláusulas depositarase na fotocopiadora Puga, situada na zona universitaria (Ourense) para a obtención de copias polos interesados.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación

deste anuncio no BOP ou no DOG de 9 a 14 horas. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación, consonte cos modelos que se establecen no dito prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Casa do Concello ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Data: o terceiro día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos do anuncio: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

San Cibrao das Viñas, 15 de febreiro de 1999.

A alcaldesa

Rubricado