Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobadas as bases xerais e específicas polo Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 26 de xuño de 1998, e que rexerán nas convocatorias de prazas vacantes no cadro de persoal para o ano 1998 correspondentes á oferta de emprego público do ano 1997 (Resolución do 15 de xaneiro de 1998 do Concello de Redondela) mediante o sistema de acceso libre e promoción interna e que a continuación se detallan:

1. Acceso libre:

A) Cadro de persoal de funcionarios:

-Tres prazas de axentes da policía local (grupo D).

-Unha praza de arquitecto/a superior (grupo A).

-Unha praza de inspector/a de obras (grupo B).

-Unha praza de enxeñeiro/a técnico (grupo B).

-Unha praza de programador informático (grupo C).

2. Promoción interna:

A) Cadro de persoal de funcionarios:

-Unha praza de sarxento da policía local (grupo C).

No BOP de Pontevedra, con data do 25 de xaneiro de 1999, foron publicadas integramente as bases xerais e específicas para a provisión de prazas mediante o sistema de oposición libre e concurso oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto das convocatorias no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes ás ditas prazas publicaranse no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co previsto nas bases.

Redondela, 27 de xaneiro de 1999.

Amado Ricón Virulegio

Alcalde