Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.496

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a composición do tribunal encargado de efectua-la selección dun programador, mediante o nomeamento dun funcionario interino, así como o día, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio.

De conformidade coas bases quinta e sexta da convocatoria efectuada por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 23 de novembro de 1998 (DOG nº 237, do 9 de decembro) pola que se convocaron probas selectivas para cubrir, mediante o nomeamento de persoal interino, un posto de traballo de programador (grupo C),

ANÚNCIASE:

Primeiro.-Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 23 de febreiro de 1999 foi nomeado o seguinte tribunal encargado de efectua-la selección:

Tribunal titular:

Presidenta: Loreto Díaz Sánchez, subdirectora xeral de Xestión de Persoal da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Vocais:

Alfonso Blasco García, xefe do Servicio de Actualización de Datos do Persoal da Dirección Xeral da

Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Enrique Paseiro Pardal, xefe do Servicio de Informática da Área Asistencial na Secretaría Xeral do Sergas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Rafael López Vizcaíno Saavedra, en representación das organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación.

Secretario: José Carlos Carid Fernández, xefe do Servicio de Xestión e Programación da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Tribunal suplente:

Presidente: Ramón del Valle López, subdirector xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Vocais:

Mª Dolores Veiga Gondelle, xefa da Sección de Persoal Funcionario da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Asunción Labella Lozano, xefa do Servicio de Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Purificación López Palmeiro, en representación das organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación.

Secretaria: Susana Castro Barral, xefa do Servicio de Selección e Provisión de Postos de Traballo da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Segundo.-Conforme a base quinta da convocatoria, convócase os/as aspirantes admitidos/as ás probas selectivas, relación elevada a definitiva por Resolución do 2 de febreiro de 1999 (DOG nº 25, do 8 de febreiro), á realización do primeiro exercicio no lugar, día e hora que se especifica:

Lugar: aula 17 da Escola Galega de Administración Pública, sita na Rúa de Madrid, 6-7, en Santiago de Compostela.

Día: 11 de marzo de 1999.

Hora: ás 17 horas.

Os/as aspirantes admitidos/as irán provistos/as de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública