Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.485

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de febreiro de 1999 pola que se establecen validacións entre determinadas materias das ensinanzas de música reguladas polo Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, con outras correspondentes ó novo sistema educativo.

As equivalencias entre os estudios de música que establece o anexo III do Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación do novo sistema educativo, permiten a incorporación a 2º e 3º cursos do grao medio a aqueles alumnos que estiveran en posesión do diploma elemental de música.

As ordes do 1 de outubro de 1992 (BOE do 8) e 17 de maio de 1994 (BOE do 24) establecen as validacións entre as materias de solfexo e teoría da música de 2º, 3º e 4º do plan de estudios que establece o Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, polos correspondentes cursos da materia de linguaxe musical do novo sistema educativo que regula o Real decreto 756/1992, do 26 de xuño.

Pola Orde do 1 de xuño de 1998 (BOE do 24) recoñécese a validación de determinadas materias correspondentes ó grao medio dos estudios de música que regula o Decreto 2618/1966, por outras que pertencen ó mesmo grao destes estudios do novo sistema educativo, conforme dispón o Real decreto 756/1992 polo que se establecen os aspectos básicos do currículo dos graos elemental e medio das ensinanzas de música para todo o Estado.

Cómpre, pois, determina-la validación entre materias correspondentes ó plan de estudios que se extingue polas do plan de estudios que regula o Decreto 253/1993, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo 1º

A presente orde é de aplicación en tódolos conservatorios de música e centros autorizados de música da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan o grao medio do plan de estudios regulado polo Decreto 2618/1966, do 10 de setembro e os tres ciclos do grao medio das ensinanzas de música.

Artigo 2º

Apróbanse as validacións entre materias do plan de estudios de música establecido no Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, e as materias das ensinanzas de música da nova ordenación do sistema educativo reguladas no Decreto 253/1993, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música, que se recollen no anexo da presente orde.

Artigo 3º

As validacións establecidas no anexo desta orde serán recoñecidas, por pedimento do interesado, pola dirección do centro educativo no que se atope o seu expediente académico, ó que se incorporará a solicitude de validación.

Artigo 4º

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Plan de estudios de 1966Plan de estudios LOXSE

MateriaCursoMateriaGraoCicloCurso

Conxunto coralCoroElemental

Piano Piano complementarioMedio

Piano Piano complementarioMedio

Piano Piano complementarioMedio

Piano Piano complementarioMedio

Historia da MúsicaHistoria da MúsicaMedio

Historia da MúsicaHistoria da MúsicaMedio