Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local e disposicións concordantes, faise público que o Pleno deste Concello, na súa sesión do día 26 de febreiro de 1999, aprobou definitivamente o Plan Parcial Os Alargos.

Contra o dito acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Outeiro de Rei, 26 de febreiro de 1999.

José Pardo Lombao

Alcalde