Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (102/1998).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria realizada con data do 27 de xaneiro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno, por unanimidade, acordou:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle para definicións de aliñacións e rasante na rúa Penouzos, Seixalbo, a pedimento de Antonio Blanco Salgado. E

2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, e nun dos diarios de maior circulación da provincia, coin citación persoal dos donos afectados».

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo de 1997, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 28 de xaneiro de 1999.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente