Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (95/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión extraordinaria en substitución da ordinaria do día 30 de decembro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de Francisco Javier Rodríguez López, o proxecto de execución e de ampliación e de mellora da vía Camiño do Castro Oira do PXOU de Ourense, logo de constitución de garantía polo importe de 1.256.525 ptas. (un millón duascentas cincuenta e seis mil cincocentas vintecinco pesetas) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a expropiación pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 12 de xaneiro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde