Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NEDA

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 13, do 18 de xaneiro de 1999, aparecen publicadas integramente as bases para a provisión en propiedade de dúas prazas no cadro de persoal deste concello: unha de policía local, polo sistema de oposición libre e outra de oficial de mantemento, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento, facéndose constar que os sucesivos anuncios referentes ás presentes convocatorias, soamente serán publicados no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Neda.

Neda, 28 de xaneiro de 1999.

Xosé C. Pita López

Alcalde