Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MAZARICOS

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto e tramitación urxente da subministración dunha retroescavadora para o concello de Mazaricos.

1. Entidade adxudicadora: concello de Mazaricos.

Expediente tramitado na secretaría.

2. a) Obxecto do contrato: subministración dunha retroescavadora para o Concello de Mazaricos.

b) Número de unidades: unha.

c) Lote único.

d) Lugar de entrega: diante da casa do concello.

e) Prazo de entrega: 20 días.

3. a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4.Orzamento: orzamento máximo desta contratación ascende a 8.500.000 ptas., que inclúe o IVE.

5. Garantía definitiva: 340.000 ptas.

6. Información: no Concello de Mazaricos (Avda. Trece de Abril, nº, cincoenta e nove, A Picota, teléfono: 981 86 71 04 , fax: 981 85 22 17, dentro do prazo de 13 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

7. Requisitos específicos do contratista: os contidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Proposicións:

a) Data límite: en horario laboral de 9 a 13 horas, no prazo de 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, no rexistro xeral do Concello de Mazaricos.

b) Domentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Mazaricos.

d) Prazo de validez de ofertas: tres meses desde a apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na casa do concello ás 12 horas do día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día é sábado, trasládase o acto ó luns seguinte.

10. Gastos: serán de conta do adxudicatario tódolos gastos de publicación de licitación:

11. Exposición do prego: o presente prego queda exposto ó público no Concello de Mazaricos durante o prazo de 8 días.

Mazaricos, 2 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado