Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADERNE

ANUNCIO de licitación.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión do 14 de xaneiro de 1999, aprobou o expediente de

contratación por medio de concurso con procedemento aberto para a adxudicación das obras incluídas no Plan 2000 Baixas, anualidade 1998 da Deputación Provincial da Coruña.

O prego de cláusulas económicas que rexerá este concurso foi aprobado polo Pleno Provincial o día 20 de maio de 1996, así como a súa modificación puntual en sesión celebrada o 28 de novembro de 1996 (publicado no BOP número 123, do 30 de maio e número 282, do 9 de decembro, respectivamente).

Obxecto e tipo de licitación.

O obxecto do contrato é a execución da obra denominada:

1. Pista de pavillón cuberto municipal Viñas.

2. Tipo de licitación: 7.818.050 pesetas.

Prazo de execución.

O prazo de execución será de seis meses contados a partir do día seguinte ó da data de sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Fianza provisional.

2% tipo de licitación.

Fianza definitiva.

4% do importe da adxudicación.

Lugar e prazo de presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o día da publicación do anuncio no BOP e no DOG.

Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase sábado trasladarase ó seguinte día hábil.