Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.448

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), polo que se convocan os opositores para o comezo da lectura do segundo exercicio.

En sesión celebrada o día 26 de febreiro do ano en curso, o tribunal designado para xulga-las probas

selectivas para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), covnocada por Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG nº 11, do 19 de xaneiro de 1998), acordou realiza-lo chamamento dos opositores que, a seguir se relacionan, para que comparezan o próximo día 9 de marzo ás 17.30 horas, na Escola Galega da Administración Pública (polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela), co obxecto de dar comezo á lectura do segundo exercicio do xa mencionado proceso selectivo:

-Cancela Alonso, Ana María.

-Carro Rey, Xesús.

-Constenla Patiño, Antonio Javier.

-Díaz Veiguela, Ana Isabel.

De conformidade coas bases II.3.3 e II.3.4 da devandita orde de convocatoria, o chamamento será único e serán excluídos do proceso selectivo os que non comparezan.

Así mesmo, as sucesivas convocatorias para proceder á lectura do segundo exercicio por parte dos restantes opositores publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1999.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal