Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.437

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1999, conxunta da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Os coñecementos e capacidades dos profesionais das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde determinan, en grande medida, a calidade dos servicios sanitarios dispensados ós usuarios.

Neste sentido, a formación continua amósase como unha das ferramentas máis axeitadas para, pola vía da capacitación dos profesionais, mellorar e adecua-los servicios sanitarios ás demandas dos usuarios.

Para tal fin, xa en anos anteriores foron aprobados e executados, no marco dos acordos de formación continua do 15 de setembro de 1994, 21 de marzo de 1995 e 19 de decembro de 1996, os plans de formación continua do persoal de institucións sanitarias dependentes do Sergas.

Os citados plans tiveron un alto grao de participación e aceptación por parte dos profesionais receptores, abranguendo a totalidade das profesións que desenvolven os seus servicios neste organismo.

Xa que logo cómpre continuar co presente plan na liña de actuación seguida, na procura de completa-los aspectos formativos máis relevantes xa impartidos en anos anteriores e inicia-lo tratamento en materias novidosas de notoria e notable relevancia no marco da asistencia sanitaria.

Trala creación polo Consello da Xunta de Galicia do día 19 de decembro de 1997 da Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS), que ten como finalidade primordial a formación continua e o perfeccionamento técnico de todo o persoal do Servicio Galego de Saúde, asinouse entre este organismo e a escola un convenio de colaboración a través do que a organización, xestión e execución de toda a actividade docente incluída no Plan de Formación Continua de 1998 lle correspondeu á escola, reservándose a División de Recursos Humanos a negociación coas organizacións sindicais do contido do plan, así como a negociación e aprobación dos criterios de selección dos participantes nos distintos cursos de formación.

Para o presente ano prorrogouse o dito convenio, polo que a FEGAS organizará, xestionará e executará tódalas actividades docentes do Plan de 1999.

Por todo isto e coa finalidade de darlle á formación a continuidade axeitada que a faga realmente efectiva, a División de Recursos Humanos, unha vez aprobado o plan de formación continua do persoal

de institucións sanitarias dependentes do Sergas para o ano 1999, logo do informe das centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSI-CSIF, xunto coa Escola Galega de Administración Sanitaria, resolven facer pública a convocatoria para participar nos cursos que figuran no anexo, que deberá resolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Acceso ás actividades.

Poderá participar nas accións formativas todo o persoal que preste servicios nas institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde e que cumpra os requisitos esixidos para cada curso.

Segunda.-Solicitudes.

I. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presenta-la solicitude cuberta no modelo normalizado, que se poderá recoller nos servicios de recursos humanos das distintas institucións sanitarias do Sergas e na que constará, necesariamente, o informe expedido polo director da área correspondente ou persoa na que delegue da institución sanitaria da que dependa. A antigüidade ou servicios prestados no Sistema Nacional de Saúde serán acreditados mediante certificación ou certificacións totalizadas en días.

II. O prazo de presentación de solicitudes para cada unha das accións formativas incluídas no plan comezará a contarse o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará un mes antes da data prevista para o comezo de cada curso nos termos establecidos no anexo á presente resolución.

III. As solicitudes, coa documentación acreditativa, dirixiranse ó centro de xestión onde terá lugar o desenvolvemento do curso. Non obstante, de opta-lo aspirante por presenta-la dita documentación noutra institución de conformidade co artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a institución receptora remitiralle a dita documentación ó centro de xestión onde terá lugar o desenvolvemento do curso solicitado.

Terceira.-Selección.

I. Os criterios selectivos para participar nos cursos serán, con carácter xeral, os que a continuación se relacionan, agás que se establezan outro criterio ou criterios específicos para aqueles cursos nos que así se especifique expresamente no anexo á presente resolución:

1. Ser necesariamente destinatario, de conformidade co establecido no anexo para cada curso. Os solicitantes que non cumpran este requisito serán automaticamente excluídos. Igualmente, excluiranse os solicitantes que xa teñan feito o mesmo curso en edicións anteriores.

2. De existir máis solicitudes ca prazas, terán carácter preferente os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e obxectivos do curso.

3. De continuar existindo un número maior de solicitudes ca prazas, terán prioridade, en primeiro lugar, os profesionais que presten os seus servicios no Sergas con praza en propiedade ou con vínculo de duración superior a un ano e, en segundo lugar, os profesionais con nomeamento ou contrato temporal vixente na data de publicación desta resolución.

4. De existir, aínda, un número maior de solicitudes ca prazas convocadas, terán prioridade os profesionais que acrediten unha maior antigüidade ou servicios prestados no Sistema Nacional de Saúde.

5. Por último, en caso de empate, resolverase por sorteo.

II. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á súa exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

III. Nas institucións sanitarias responsables da execución dunha ou varias accións formativas procederase á constitución dunha comisión paritaria de baremación das solicitudes presentadas, na que estarán presentes representantes da institución e das centrais sindicais asinantes do plan.

Cuarta.-Publicación das listas de admitidos.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para cada actividade e trala baremación correspondente, publicaranse nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas e nos de tódolos centros de xestión, tanto de atención primaria como de atención especializada, as listas de aspirantes admitidos.

Quinta.-Certificación de asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Calquera inasistencia non xustificada ou xustificada insuficientemente será impeditiva da expedición do certificado acreditativo da participación no curso.

Unicamente poderá autorizarse a ausencia por causas xustificadas documentalmente e que, en ningún caso, poderá supera-lo 15% das horas lectivas.

O dito certificado ou diploma acreditativo será expedido pola Escola Galega de Administración Sanitaria.

Sexta.-Modificacións.

I. A División de Recursos Humanos, a través da Escola Galega de Administración Sanitaria, poderá modifica-los contidos e desenvolvemento dos cursos, co fin de adaptalos ás continxencias que poidan xurdir.

Así mesmo, as datas e horarios previstos no anexo para cada unha das actividades formativas poderán ser modificadas por cuestións organizativas. En tal suposto, notificarase o cambio de xeito individual ós participantes seleccionados con anterioridade ó comezo do curso.

II. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a División de Recursos Humanos e a Escola Galega de Administración Sanitaria reservaranse para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sétima.-Financiamento.

En razón dos fondos cos que se financian estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1999.

Valeriano Martínez GarcíaJavier Bouzada Romero

Director xeral da DivisiónDirector da Escola Galega

de Recursos Humanos dode Administración Sanitaria

Servicio Galego de Saúde

ANEXO

Actividade formativa nº 1. Denominación: investigación cualitativa.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 30.

-Horas da actividade formativa por edición: 25.

-Destinatarios: por orde prioritario: 1º persoal facultativo, enfermeiros/as, matronas, psicólogos e fisioterapeutas de atención primaria con funcións docentes de investigación. 2º Persoal facultativo, enfermeiros/as, matronas, psicólogos e fisioterapeutas de atención especializada con funcións docentes de investigación.

-Obxectivos: introduci-las características xerais da investigación cualitativa e deseño cualitativo. Presenta-las metodoloxías cualitativas máis utilizadas en saúde.

-Contidos: módulo I: investigación cualitativa: características xerais. Coñecemento científico e paradigma nas ciencias sociais. Exercicio de identificación de distintos estudios. Módulo II: estratexias cualitativas da saúde: tipos de estudios. Teoría fundada e etnografía: trazos máis relevantes. Exercicio: formulación de problemas cualitativos en atención primaria. Módulo III: deseño cualitativo: características xerais. Exercicio de deseño, lectura e discusión do estudio de Goffman.

Lugar de celebraciónDatasHorario

X.A.P. da Coruña-Ferrol (A Coruña)5, 6, 7 de xullo9-14/16-19.30 horas

X.A.P. de Ourense8, 9, 10 de xullo9-14/16-19.30 horas

Actividade formativa nº 2. Denominación: coidados paliativos en atención primaria.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 20.

-Destinatarios: persoal facultativo de atención primaria.

-Obxectivos: mellora-lo desempeño profesional dos participantes en materia de coidados paliativos.

-Contidos: introducción ós coñecementos da medicina paliativa. Aprendizaxe de diferentes aspectos do manexo do paciente terminal. Coidados da familia. Morte digna e dó.

Lugar de celebraciónDatasHorario

X.A.P. de Ourense24, 25, 26, 27, 28, 31 de maio; 1 de xuño17-20 horas

X.A.P. de Pontevedra-Vigo (Pontevedra)10, 11, 12, 13, 18, 19, 20 de maio17-20 horas

Actividade formativa nº 3. Denominación: asistencia sanitaria baseada na evidencia.

-Nº de edicións: 3.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 25.

-Destinatarios: persoal facultativo.

-Obxectivos: actualización de coñecementos nas novas tendencias da medicina baseada en probas.

-Contidos: introducción á epidemioloxía clínica. Análise de decisións clínicas: método epidemiolóxico aplicado ás decisión clínicas. Manexo da incerteza. Lectura crítica da literatura científica. Prevención baseada en probas. Diagnóstico e tratamento baseados nas probas. Busca de evidencias. Fontes principais e forma de busca. Guías de práctica clínica.

Lugar de celebraciónDatasHorario

X.A.P. da Coruña-Ferrol (A Coruña)18, 19, 20, 21, 24, 25, 26, 27 de maio17-20 horas

X.A.P. de Lugo31 de maio; 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9 de xuño17-20 horas

X.A.P. de Pontevedra-Vigo (Vigo)13, 14, 15, 18, 19, 20, 21, 22 de outubro17-20 horas

Actividade formativa nº 4. Denominación: actividades preventivas e de promoción da saúde en atención primaria.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 20.

-Destinatarios: persoal facultativo e enfermeiros/as de atención primaria.

-Obxectivos: actualización de coñecementos en actividades preventivas en atención primaria.

-Contidos: revisión crítica dos protocolos de actividades preventivas recomendadas por organismos internacionais. Criterios epidemiolóxicos: prevención baseada en probas. Aspectos organizativos da implan

tación e desenvolvemento de actividades de prevención e promoción da saúde no nivel asistencial de atención primaria.

Lugar de celebraciónDatasHorario

X.A.P. de Santiago de Compostela18, 19, 20, 21, 24, 25, 26 de maio17-20 horas

X.A.P. de Pontevedra-Vigo (Pontevedra)31 de maio; 1, 2, 3, 4, 7, 8 de xuño17-20 horas

Actividade formativa nº 5. Denominación: actualización terapéutica.

-Nº de edicións: 1.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 40.

-Destinatarios: por orde prioritario: 1º persoal facultativo de atención primaria. 2º Enfermeiros/as e matronas de atención primaria.

-Obxectivos: mellora-lo desempeño profesional mediante a actualización de coñecementos en materia terapéutica.

-Contidos: actualización en técnicas terapéuticas en atención primaria. Vendaxes funcionais, infiltracións máis frecuentes, cirurxía menor, papel da rehabilitación en atención primaria.

Lugar de celebraciónDatasHorario

X.A.P. de Pontevedra-Vigo (Vigo)2, 3, 4, 5, 8, 9, 10, 11, 12, 15, 16, 17, 28 de novembro17-20 horas

Actividade formativa nº 6. Denominación: bases patoxénicas e manexo do paciente obeso.

-Nº de edicións: 1.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 30.

-Destinatarios: persoal facultativo e enfermeiros/as.

-Obxectivos: mellora-lo desempeño profesional mediante a actualización en materias relacionadas co paciente obeso.

-Contidos: obesidade, fisioterapia, intervención educativa e terapéutica.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. Xeral-Cíes25, 26, 27, 28, 29 de outubro; 2, 3, 4, 5, 8 de novembro17-20 horas

Actividade formativa nº 7. Denominación: introducción á bioética.

-Nº de edicións: 1.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 20.

-Destinatarios: persoal facultativo, enfermeiros/as e matronas.

-Obxectivos: revisa-las consideracións de maior actualidade en bioética.

-Contidos: coñecemento nos aspectos éticos, xurídicos e sociosanitarios, propios da atención sanitaria.

Lugar de celebraciónDatasHorario

Hospital do Meixoeiro27, 28, 29, 30 de setembro; 1, 4, 5 de outubro17-20 horas

Actividade formativa nº 8. Denominación: terapéutica antibiótica hospitalaria.

-Nº de edicións: 1.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 20.

-Destinatarios: persoal facultativo.

-Obxectivos: manexo racional de antibióticos e mellora-la capacidade dos participantes na atención de situacións médicas de referencia.

-Contidos: microbioloxía. Farmacoloxía. Asociacións e sinerxias. Antibioterapia. Profilaxe antibiótica.

Lugar de celebraciónDatasHorario

H.C. de Monforte1, 2, 3, 7, 8, 9, 10 de xuño17-20 horas

Actividade formativa nº 9. Denominación: sistemas de aseguramento da calidade.

-Nº de edicións: 1.

-Nº máximo de prazas por edición: 25.

-Horas da actividade formativa por edición: 40.

-Destinatarios: por orde prioritario: 1º facultativos e enfermeiros/as de atención especializada. 2º Facultativos e enfermeiros/as de atención primaria.

-Obxectivos: proporciona-la capacitación necesaria para participar eficazmente nun proceso de implantación dun sistema de aseguramento da calidade.

-Contidos: definición de calidade. Calidade total: proceso de mellora continua. Aseguramento da calidade. Normas aplicables á calidade. A calidade como estratexia da optimización do servicio.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos13, 14, 15, 18, 19, 20, 21, 22, 25, 26, 27, 28, 29 de outubro17-20 horas

Actividade formativa nº 10. Denominación: cirurxía maior ambulatoria.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 25.

-Horas da actividade formativa por edición: 15.

-Destinatarios: persoal facultativo que realiza actividades cirúrxicas en servicios hospitalarios.

-Obxectivos: adquiri-los coñecementos organizativos e técnicos da cirurxía maior ambulatoria.

-Contidos: aspectos organizativos da unidade de cirurxía maior ambulatoria. Selección de pacientes. Comunicación co paciente. Análise de custos. Indicadores para avalia-la calidade asistencial. Aspectos legais da cirurxía ambulatoria.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos31 de maio; 1, 2, 3, 4 de xuño17-20 horas

C.H. de Ourense24, 25, 26, 27, 28 de maio17-20 horas

Actividade formativa nº 11. Denominación: fontes de información sanitaria en Internet.

-Nº de edicións: 1.

-Nº máximo de prazas por edición: 25.

-Horas da actividade formativa por edición: 20.

Destinatarios: persoal facultativo, enfermeiros/as e matronas de II.SS. do Sergas.

-Obxectivos: forma-los participantes na comprensión da estructura de base de datos e sistemas de acceso á información científica.

-Contidos: recuperación da información. Utiliza-lo tesauro. Índices permutados. Sistemas automatizados. Soportes ópticos CD-ROM. Estratexias de busca. Utilización de descritores Medline, Siesncie, Citatum, Index e Esic. Búsqueda «on line». O acceso ó documento orixinal. Catálogos colectivos de publicacións periódicas. Introducción de sistemas internacionais de conexión en rede. Utilidades de Internet en medicina hospitalaria. Conexión interhospitalaria.

Lugar de celebraciónDatasHorario

H.C. de Valdeorras18, 19, 20, 21 de outubro16-21 horas

Actividade formativa nº 12. Denominación: consentimento informado.

-Nº de edicións: 1.

-Nº máximo de prazas por edición: 20.

-Horas da actividade formativa por edición: 20.

-Destinatarios: persoal facultativo de II.SS. do Sergas.

-Obxectivos: proporcionar coñecementos básicos e inicia-la adquisición de habilidades prácticas necesarias para identificar e abordar problemas de orde ética na práctica médica.

-Contidos: dereitos e deberes dos usuarios. O segredo profesional. O consentimento informado, contido da información, límites e excepcións, protocolos. A historia clínica: documentación, accesibilidade, custodia e conservación, responsabilidades.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. de Ourense7, 8, 9, 10, 11 de xuño17-21 horas

Actividade formativa nº 13. Denominación: actualización en urxencias médico-cirúrxicas.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 30.

-Horas da actividade formativa por edición: 40.

-Destinatarios: distintas categorías de persoal sanitario de II.SS.

-Obxectivos: mellora-la competencia profesional actualizando os coñecementos en urxencias médico-cirúrxicas.

-Contidos: introducción á medicina de urxencias. Convulsións. Cólico biliar. Cólico renal. Dismenorreas. O paciente diabético. Disnea. Dor torácica. O paciente intoxicado. Vértixe e mareos. EPOC agudizado e asma. O cardiópata agudizado. Ictus. Diarreas. Comas e estados de conciencia alterados. Hipertensión arterial. Urxencias odontolóxicas. O enfermo demenciado, encamado e terminal. Feridas e queimaduras. Dor abdominal. O paciente policontusionado. O paciente alcohólico. Cefaleas. Schock. Urxencias nefro-urolóxicas. Síncope. Dor nos membros. Dor de costas. Síndrome febril.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H.U. de Santiago de Compostela31 de maio; 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9, 10, 11, 14, 15, 16 de xuño17-20 horas

C.H. de Pontevedra27, 28, 29, 30 de setembro; 1, 4, 5, 6, 7, 8, 13, 14, 15 de outubro17-20 horas

Actividade formativa nº 14. Denominación: coidados paliativos e novas alternativas no tratamento da dor.

-Nº de edicións: 3.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 24.

-Destinatarios: por orde prioritario: 1º enfermeiros/as de unidades ou servicios de coidados paliativos. 2º Outros/as enfermeiros/as de unidades de hospitalización. 3º Outros enfermeiros/as de atención especializada.

-Obxectivos: desenvolver habilidades de relación de axuda coa persoa enferma na súa fase terminal e o seu contorno familiar.

-Contidos: dificultades principais das persoas que padecen unha enfermidade irreversible. Coidados paliativos. Mecanismos de defensa nunha enfermidade mortal. Definición e clasificación da dor. Fisioloxía. Comportamento ante a dor. Revisión farmacolóxica. Axuda-la persoa e a súa familia a afrontar unha morte digna.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H.U. de Santiago de Compostela9, 10, 11 de novembro9-13/14.30-18.30 horas

C.H. de Ourense1, 2, 3 de xuño9-13/14.30-18.30 horas

Hospital do Meixoeiro4, 8, 9 de xuño9-13/14.30-18.30 horas

Actividade formativa nº 15. Denominación: a comunicación interpersoal na actividade asistencial.

-Nº de edicións: 3.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 30.

-Destinatarios: enfermeiros/as, matronas, fisioterapeutas e traballadores sociais que presten servicios en II.SS. do Sergas.

-Obxectivos: desenvolver habilidades para a comunicación interprofesional e co usuario do sistema.

-Contidos: o proceso de comunicación. Elementos da comunicación. A comunicación interpersoal. Comunicación estratéxica. A comunicación entre o persoal sanitario e o usuario. Comunicación verbal e non verbal. Obstáculos na comunicación interpersoal. O acordo viable. O traballo en equipo. Características dos equipos eficaces. Organización en equipo.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. Xeral-Calde10, 11, 12, 13, 14, 18, 19, 20, 21, 24 de maio17-20 horas

C.H. Juan Canalejo18, 19, 20, 21, 22, 25, 26, 27, 28, 29 de outubro17-20 horas

G.A.P. de Ourense2, 3, 4, 7, 8, 9, 10, 11, 14, 15 de xuño17-20 horas

Actividade formativa nº 16. Denominación: radioloxía de urxencias.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 20.

-Destinatarios: técnicos especialistas en radiodiagnóstico.

-Obxectivos: ampliar coñecementos en relación ás diferentes técnicas radiolóxicas urxentes.

-Contidos: introducción á radioloxía. Tipo de pacientes urxentes e diferentes técnicas que se aplican. Mobilización de pacientes para exporación radiolóxica urxente. Coñecementos sobre R.C.P. básica. Actuación ante unha situación urxente.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. de Ourense9, 10, 11, 14, 15, 16, 17 de xuño17-20 horas

H. do Meixoeiro10, 11, 12, 13, 14, 17, 18 de maio17-20 horas

Actividade formativa nº 17. Denominación: inmunohistoquímica.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 20.

-Destinatarios: técnicos especialistas en anatomía patolóxica.

-Obxectivos: actualización de coñecementos sobre manipulación e procesamento de mostras biolóxicas e citolóxicas.

-Contidos: citoloxía, mostras por conxelación, tecido parafinado: fixación, inclusión, tratamento de portaobxectos. Principios fundamentais da técnica inmunohistoquímica.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. de Ourense27, 28, 29, 30 de setembro; 1, 4, 5 de outubro17-20 horas

C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza18, 19, 20, 21, 24, 25, 26 de maio17-20 horas

Actividade formativa nº 18. Denominación: formador de formadores.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 35.

-Destinatarios: enfermeiros/as, matronas e fisioterapeutas.

-Obxectivos: facilita-la adquisición de coñecementos, habilidades e destrezas para orienta-la formación pedagóxica dos profesionais.

-Contidos: contextualización da formación/traballo: características da aprendizaxe de adultos. As tarefas de detectar necesidades formativas. Programas de formación. Impartición da formación. Avaliación.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. de Pontevedra4, 5, 6, 7, 8 de outubro10-14/16.30-20 horas

C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza8, 9, 10, 11, 12 de novembro10-14/16.30-20 horas

Actividade formativa nº 19. Denominación: laboratorio clínico: metodoloxía organizativa.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 30.

-Destinatarios: técnicos especialistas de laboratorio.

-Obxectivos: actualización e ampliación de coñecementos en relación ás diferentes técnicas que se realizan en laboratorios clínicos.

-Contidos: organización do laboratorio. Recepción, manipulación e conservación de mostras, circuítos de mantemento do material. Técnicas automatizadas e manuais. Controis de calidade. Microscopio: manexo de coidados. Técnicas hematolóxicas.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. Xeral-Cíes27, 28, 29, 30 de setembro; 1, 4, 5, 6, 7, 8 de outubro17-20 horas

C.H. de Ourense18, 19, 20, 21, 22, 25, 26, 27, 28, 29 de outubro17-20 horas

Actividade formativa nº 20. Denominación: técnicas de intevención psicomotriz en pacientes psíquicos e físicos.

-Nº de edicións: 1.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 20.

-Destinatarios: terapeutas ocupacionais e fisioterapeutas.

-Obxectivos: actualización de coñecementos en técnicas psicomotrices.

-Contidos: técnicas: definición, obxectivos, contidos e metodoloxía. Campos de intervención. Esquema corporal espacial e temporal. Técnicas de obsevación e análise: perfil psicomotor. Denominadores comúns e diferencias na aplicación desta técnica nas distintas patoloxías mentais. Principios metodolóxicos da intervención psicomotriz en terapia. Técnicas de relaxación en terapia psicomotriz. Masaxe Shantala. Psicomotricidade e formas de expresión xestual, plática e verbal.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos12, 13, 14 de novembro10-14/16-21

horas

Actividade formativa nº 21. Denominación: metodoloxía de coidados obstétrico-xinecolóxicos.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 35.

-Destinatarios: matronas.

-Obxectivos: impulsa-la coordinación e continuidade de coidados entre os niveis asistenciais de atención primaria e atención especializada en coidados obstétrico-xinecolóxicos.

-Contidos: planificación de coidados obstétrico-xinecolóxicos. Rexistros e protocolos. Modelos de coidados. Educación para a saúde da muller. Coidados da muller xestante e autocoidados. Educación maternal: métodos. A valoración de enfermería obstétrico-xinecolóxica. A lactación. O neonato.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. Juan Canalejo20, 21, 22, 23, 24, 27, 28, 29 de setembro; 1, 4, 5 de outubro17-20 horas

C.H. Xeral-Cíes13, 14, 15, 18, 19, 20, 21, 22, 25, 26, 27, 28 de outubro17-20 horas

Actividade formativa nº 22. Denominación: fundamentos de coidados para auxiliares de enfermería. módulo primeiro de iniciación.

-Nº de edicións: 3.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 35.

-Destinatarios: por orde prioritario: 1º auxiliares de enfermería que prestan servicios en unidades de hospitalización. 2º Outros auxiliares de enfermería de atención especializada. 3º Auxiliares de enfermería de atención primaria.

-Obxectivos: establecer criterios respecto do papel e funcións do auxiliar de enfermería nun equipo de traballo.

-Contidos: os coidados de enfermería: teoría e práctica. Un traballo en equipo: métodos e técnicas.

Lugar de celebraciónDatasHorario

H.C. de Burela8, 9, 10, 11 de novembro9-13/14.30-19.30 horas

C.H. de Ourense1, 2, 3, 10 de setembro9-13/14.30-19.30 horas

H.C. de Valdeorras12, 13, 18, 19 de novembro9-13/14.30-19.30 horas

Actividade formativa nº 23. Denominación: coidados de enfermería en saúde mental.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 30.

-Destinatarios: por orde prioritaria: 1º enfermeiros/as que prestan servicios en unidades ou servicios de saúde mental. 2º Outros/as enfermeiros/as.

-Obxectivos: mellora-la metodoloxía dos coidados de enfermería en alteracións da saúde mental.

-Contidos: estructura e obxectivos das unidades ou servicios de saúde mental. Saúde e enfermidade mental: concepto. Coidados integrais de enfermería en saúde mental: distintos modelos de coidados, rexistros de enfermería e metodoloxía de coidados. Técnicas de habilidades sociais-grupais. Trastornos da alimentación: anorexia nerviosa. Desintoxicación alcohólica. Plans de coidados. Ética e deontoloxía.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. de Ourense24, 25, 26, 27, 28, 31 de maio; 1, 2, 3, 4 de xuño17-20 horas

C.H. Xeral-Cíes27, 28, 29, 30 de setembro; 1, 4, 5, 6, 7, 8 de outubro17-20 horas

Actividade formativa nº 24. Denominación: planificación de coidados e diagnósticos de enfermería.

-Nº de edicións: 6.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 30.

-Destinatarios: por orde prioritaria: 1º enfermeiros/as e matronas de atención especializada. 2º Enfermeiros/as e matronas de atención primaria.

-Obxectivos: mellora-las habilidades para a aplicación dunha metodoloxía científica nos coidados de enfermería.

-Contidos: teorías, tendencias e modelos conceptuais de enfermería en aplicación dos coidados. Estandarización dos coidados. Estructura da planificación dos coidados. Definición de problemas dependentes e interdependentes. Criterios de priorización. Técnicas de obtención de datos.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H.U. de Santiago de Compostela7, 8, 9, 10 de xuño10-14/16.30-20 horas

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos24, 25, 26, 27 de maio10-14/16.30-20 horas

H.C. de Monforte21, 22, 23, 24 de xuño10-14/16.30-20 horas

C.H. de Ourense14, 15, 16, 17 de xuño10-14/16.30-20 horas

Hospital do Meixoeiro31 de maio; 1, 2, 3 de xuño10-14/16.30-20 horas

C.H. de Pontevedra18, 19, 20, 21 de maio10-14/16.30-20 horas

Actividade formativa nº 25. Denominación: xestión de calidade nos coidados de enfermería.

-Nº de edicións: 4.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 30.

-Destinatarios: enfermeiros/as e matronas de unidades de hospitalización.

-Obxectivos: actualiza-los coñecementos necesarios para desenvolve-las actividades de mellora e avaliación da calidade asistencial nos coidados de enfermería.

-Contidos: concepto de calidade. Definición de procesos. Metodoloxía de avaliación da calidade. Métodos, identificación e priorización de problemas. Análise, estructura e proceso de control da calidade. Avaliación de resultados e estratexias para o cambio.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H.U. de Santiago de Compostela8, 9, 10, 11, 12, 15, 16, 17, 18, 19 de novembro17-20 horas

H.C. de Burela27, 28, 29, 30 de setembro; 1, 4, 5, 6, 7, 8 de outubro17-20 horas

C.H. de Pontevedra31 de maio; 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9, 10, 11 de xuño17-20 horas

Hospital do Meixoeiro20, 21, 22, 25, 26, 27, 28, 29 de outubro; 2, 3 de novembro17-20 horas

Actividade formativa nº 26. Denominación: enfermería clínica e relación de axuda.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 160.

-Destinatarios: por orde prioritaria: 1º enfermeiros/as e matronas de unidades de hospitalización. 2º Outros/as enfermeiros/as de atención especializada.

-Obxectivos: optimiza-los procesos de desenvolvemento persoal e profesional adaptándoos ós medios.

-Contidos: sistemas de saúde: as prestacións de enfermería e o seu impacto dentro do sistema de saúde. Comprensión da natureza do ser humano como núcleo e obxecto de atención nos coidados de enfermería. Educación, cultura e sociedade, medio ambiente e hábitat como factores de incidencia na saúde e desenvolvemento do benestar da persoa. Indicadores de saúde.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza19, 20 de abril; 18, 19 de maio; 29, 30 de xuño; 15, 16, 17 de setembro; 13, 14, 15 de outubro; 15, 16, 17 de novembro; 9, 10, 13, 14, 15 de decembro9-13/14.30-18.30 horas

C.H. Xeral-Cíes18, 19 de maio; 29, 30 de xuño; 5, 6, 7, 14, 15, 16, 21, 22, 23, 26, 27, 28 de xullo; 6, 7, 8, 9 de setembro9-13/14.30-18.30 horas

Actividade formativa nº 27. Denominación: xestión de residuos, manipulación, tratamento e prevención de riscos laborais.

-Nº de edicións: 4.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 20.

-Destinatarios: por orde prioritaria: 1º profesionais con funcións de organización e xestión en unidades ou servicios de atención especializada. 2º Persoal sanitario e non sanitario de atención especializada con actividades relacionadas coa organización e manexo de residuos.

-Obxectivos: establece-lo circuíto de residuos hospitalarios e minimiza-lo seu impacto ambiental e o risco sobre o persoal, a poboación e o usuario. Optimiza-la utilización de recursos materiais.

-Contidos: clasificación e problemática dos residuos hospitalarios. Xestión intrahospitalaria e extrahospitalaria dos residuos. O papel do persoal do centro no manexo de residuos. Infeccións. Prevención de riscos laborais.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos1, 2, 3, 4, 7, 8, 9 de xuño17-20 horas

C.H. Xeral-Calde21, 22, 23, 27, 28, 29, 30 de setembro17-20 horas

Hospital do Meixoeiro18, 19, 20, 21, 24, 25, 26 de maio17-20 horas

H.C. de Valdeorras5, 6, 7, 10, 11, 12, 13 de maio17-20 horas

Actividade formativa nº 28. Denominación: comunicación científica en enfermería.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 30.

-Destinatarios: enfermeiros/as, matronas e fisioterapeutas.

-Obxectivos: desenvolvemento de habilidades no manexo dos elementos relacionados coa comunicación científica de enfermería.

-Contidos: bases conceptuais da comunicación científica. Aspectos éticos. O proceso editorial. As normas de uniforimidade para as publicacións biomédicas. A revisión bibliográfica. Xestión de bases documentais bibliográficas con información referida ou relacionada coa enfermería. Tipos de artigos científicos. Estructuras e características dos diferentes artigos. Redacción científica. Elaboración de «abstracts». Elaboración de comunicacións e ponencias. Elaboración e deseño de posters.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza31 de maio; 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9, 10, 11 de xuño17-20 horas

C.H. de Ourense2, 3, 4, 5, 8, 9, 10, 15, 16, 17 de novembro17-20 horas

Actividade formativa nº 29. Denominación: xestión dos servicios de enfermería.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 30.

-Destinatarios: por orde prioritaria: 1º supervisores de unidades hospitalarias e coordinadores de enfermería de atención primaria. 2º Otros/as enfermeiros/as.

-Obxectivos: mellora-las habilidades e a metodoloxía en dirección e xestión de grupos de traballo.

-Contidos: concepto de dirección: planificación, organización, avaliación, toma de decisións e niveis. Dirección participativa por obxectivos. Funcións básicas do mando intermedio: delegación, análise e resolución de problemas, coordinación, avaliación, perfil do posto. Xestión de recursos humanos: xestión de persoal, técnicas de valoración, descrición, definición e valoración de postos de traballo, motivación e liderado. Xestión de coidados: conceptos xerais, marco teórico dos coidados de enfermería, rexistros de enfermería, planificación de coidados. Sistemas de clasificación de pacientes: definición, utilización e asignación de cadros de persoal.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. Xeral-Calde13, 14, 15, 18, 19, 20, 21, 22, 25, 26 de outubro17-20 horas

X.A.P. de Pontevedra-Vigo (Pontevedra)27, 28, 29, 30 de setembro; 1, 4, 5, 6, 7, 8 de outubro17-20 horas

Actividade formativa nº 30. Denominación: metodoloxía de traballo de enfermería en atención primaria.

-Nº de edicións: 3.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 40.

-Destinatarios: enfermeiros/as de atención primaria.

-Obxectivos: defini-las principais etapas na constitución dunha disciplina cietífica relacionadas co desenvolvemento da enfermería. Identifica-lo obxecto do coñecemento e servicio do enfermeiro. Déficit do autocoidado.

-Contidos: a teoría e a práctica da enfermería. O método clínico en enfermería. Aplicación da teoría e o método ós enfermeiros/as en situacións específicas de saúde. Definición do servicio e producto enfermeiro. Investigación na enfermería: organización.

Lugar de celebraciónDatasHorario

X.A.P. de Santiago de Compostela13, 14, 15, 18, 19, 20, 21, 22, 25, 26, 27, 28, 29 de outubro17-20 horas

X.A.P. de A Coruña-Ferrol (Ferrol)18, 19, 20, 21, 24, 25, 26, 27, 28 de maio; 1, 2, 3, 4 de xuño17-20 horas

G.A.P. de Pontevedra-Vigo (Vigo)20, 21, 22, 23, 24, 27, 28, 29 de setembro; 1, 4, 5, 6, 7 de outubro17-20 horas

Actividade formativa nº 31. Denominación: técnicas de traballos administrativos.

-Nº de edicións: 6.

-Nº máximo de prazas por edición: 30.

-Horas da actividade formativa por edición: 20.

-Destinatarios: administrativos, auxiliares administrativos e persoal de servicios xerais de II.SS. do Sergas.

-Obxectivos: mellora-la calidade dos servicios administrativos, adaptándoos ás novas necesidades das II.SS. do Sergas.

-Contidos: a mellora na calidade dos servicios ó usuario. Modelos para a mellora da comunicación. A atención telefónica. Organización do traballo e planificación de prioridades. A análise das tarefas e dos procesos de traballo. Análise, elaboración e maneira de cubrir de documentos escritos: impresos, cartas, memorias, etc. Xestión documental e tecnolóxica da información. Codificación, distribución e arquivo de documentos. Administración informática de arquivos. Xestión da documentación clínica.

-Criterios específicos de selección: con anterioridade ós criterios establecidos con carácter xeral, deberá facerse un reparto proporcional do total de prazas do xeito seguinte: 80% das prazas para administrativos e auxiliares administrativos e 20% das prazas para o persoal de servicios xerais.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza5, 6, 7, 10, 11, 12, 13 de maio17-20 horas

C.H.U. de Santiago de Compostela18, 19, 20, 21, 24, 25, 26 de maio17-20 horas

X.A.P. da Coruña-Ferrol (Ferrol)27, 28, 29, 30 de setembro; 1, 4, 5 de outubro17-20 horas

X.A.P. de Lugo13, 14, 15, 18, 19, 20, 21 de outubro17-20 horas

C.H. Xeral-Calde13, 14, 15, 18, 19, 20, 21 de outubro17-20 horas

C.H. Xeral-Cíes31 de maio; 1, 2, 3, 4, 7, 8 de xuño17-20 horas

Actividade formativa nº 32. Denominación: implantación e xestión de metodoloxía de calidade nas bibliotecas de institucións sanitarias.

-Nº de edicións: 1.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 20.

-Destinatarios: persoal non sanitario da rama administrativa de II.SS. do Sergas (enténdese incluído o persoal de servicios xerais).

-Obxectivos: mellora-los coñecementos e a xestión das bibliotecas.

-Contidos: concepto de calidade nas bibliotecas. Servicio ós usuarios. Os indicadores da calidade. Modelos de iniciación de recursos electrónicos. Metodoloxía de avaliación de páxinas WEB. Acceso e difusión de revistas electrónicas.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H.U. de Santiago de Compostela21, 22, 23 de setembro10.30-14.30 ho-

ras/16-19 horas

Actividade formativa nº 33. Denominación: linguaxe administrativa galega.

-Nº de edicións: 10.

-Nº máximo de prazas por edición: 30.

-Horas da actividade formativa por edición: 30.

-Destinatarios: grupos A, B, C e D da función administrativa.

-Obxectivos: mellora-la redacción administrativa, con especial atención ás peculiaridades do idioma galego. Contidos: a lingua común e a linguaxe administrativa. Pautas para unha correcta redacción administrativa. Análise da documentación administrativa básica.

-Criterios específicos de selección: con anterioridade ós criterios establecidos con carácter xeral, deberá facerse un reparto proporcional do total de prazas do xeito seguinte: 80% das prazas para administrativos e auxiliares administrativos e 20% das prazas para o persoal de servicios xerais.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza31 de maio; 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9, 10, 11 de xuño17-20 horas

X.A.P. de Santiago de Compostela13, 14, 15, 18, 19, 20, 21, 22, 25, 26 de outubro17-20 horas

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos27, 28, 29, 30 de setembro; 1, 4, 5, 6, 7, 8 de outubro17-20 horas

X.A.P. da Coruña-Ferrol (Ferrol)27, 28, 29 de outubro; 2, 3, 4, 5, 8, 9, 10 de novembro17-20 horas

X.A.P. de Lugo13, 14, 15, 18, 19, 20, 21, 22, 25, 26 de outubro17-20 horas

C.H. Xeral-Calde27, 28, 29 de outubro; 2, 3, 4, 5, 8, 9, 10 de novembro17-20 horas

C.H. de Ourense27, 28, 29 de outubro; 2, 3, 4, 5, 8, 9, 10 de novembro17-20 horas

H.C. de Valdeorras27, 28, 29, 30 de setembro; 1, 4, 5, 6, 7, 8 de outubro17-20 horas

C.H. de Pontevedra31 de maio; 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9, 10, 11 de xuño17-20 horas

Lugar de celebraciónDatasHorario

Hospital do Meixoeiro10, 11, 12, 13, 14, 18, 19, 20, 21, 24 de maio17-20 horas

Actividade formativa nº 34. Denominación: persoal non sanitario: orientación normativa e características das institucións sanitarias.

-Nº de edicións: 8.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 20.

-Destinatarios: categorías de persoal non sanitario do grupo E que presten en II.SS. do Sergas.

-Obxectivos: revisa-la orientación e formación en materias básicas dos grupos profesionais destinatarios e estudio do seu papel nas II.SS. do Sergas.

-Contidos: marco normativo e referencial do persoal non sanitario. Características e funcións das distintas categorías. Conexión con outras categorías sanitarias e non sanitarias. A súa localización na estructura das institucións sanitarias. Perspectivas de futuro.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza20, 21, 22, 23, 24, 27, 28 de setembro17-20 horas

C.H.U. de Santiago de Compostela31 de maio; 1, 2, 3, 4, 7, 8 de xuño17-20 horas

C.H. Xeral-Calde2, 3, 4, 5, 8, 9, 10 de novembro17-20 horas

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos29, 30 de setembro; 1, 4, 5, 6, 7 de outubro17-20 horas

H.C. de Burela13, 14, 15, 18, 19, 20, 21 de outubro17-20 horas

C.H. de Ourense9, 10, 11, 14, 15, 16, 17 de xuño17-20 horas

C.H. de Pontevedra4, 5, 6, 7, 10, 11, 12 de maio17-20 horas

C.H. Xeral-Cíes18, 19, 20, 21, 24, 25, 26 de maio17-20 horas

Actividade formativa nº 35. Denominación: a acción sindical nas institucións sanitarias: peculiaridades.

-Nº de edicións: 4.

-Nº máximo de prazas por edición: 30.

-Horas da actividade formativa por edición: 20.

-Destinatarios: representantes sindicais electos de II.SS. do Sergas.

-Obxectivos: estudio do marco normativo da acción sindical e as súas perspectivas de futuro.

-Contidos: a acción sindical: características no sector sanitario público. Negociación colectiva, análise no sector privado e no sector público. Características e importancia do proceso negociador. Secuencias e ultimación do proceso. Importancia do consenso: análise dos pactos e acordos no Sergas. Sistemas de participación na xestión.

-Criterios específicos de selección: (será determinado por acordo entre as organizacións sindicais asinantes deste Plan de Formación Continua).

Lugar de celebraciónDatasHorario

División de Recursos Humanos do Sergas20, 21, 22, 23, 24, 27, 28 de setembro17-20 horas

División de Recursos Humanos do Sergas29, 30 de setembro; 1, 4, 5, 6, 7 de outubro17-20 horas

División de Recursos Humanos do Sergas13, 14, 15, 18, 19, 20, 21 de outubro17-20 horas

División de Recursos Humanos do Sergas25, 26, 27, 28, 29 de outubro; 2, 3 de novembro17-20 horas

Actividade formativa nº 36. Denominación: a incidencia dos valores éticos nas profesións non sanitarias.

-Nº de edicións: 10.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 12.

-Destinatarios: persoal non sanitario.

-Obxectivos: adecua-los comportamentos persoais e profesionais cotiáns das profesións sanitarias ós requerimentos éticos actuais.

-Contidos: os valores éticos comúns nas profesións non sanitarias. Situación actual e perspectivas de futuro. A ética na xestión e utilización da información. A ética nas relacións interpersoais e na xestión dos recursos humanos. A ética na execución das tarefas e na calidade dos resultados obtidos.

Lugar de celebraciónDatasHorario

X.A.P. de Santiago de Compostela2, 3, 4, 5 de novembro17-20 horas

X.A.P. da Coruña-Ferrol (A Coruña)18, 19, 20, 21 de maio17-20 horas

X.A.P. da Coruña-Ferrol (Ferrol)7, 8, 9, 10 de xuño17-20 horas

X.A.P. de Lugo20, 21, 22, 23 de setembro17-20 horas

X.A.P. de Ourense18, 19, 20, 21 de outubro17-20 horas

G.A.P. de Pontevedra-Vigo (Pontevedra)24, 25, 26, 27 de maio17-20 horas

X.A.P. de Pontevedra-Vigo (Vigo)14, 15, 16, 17 de xuño17-20 horas

H.C. de Monforte10, 11, 12, 13 de maio17-20 horas

H.C. de Burela4, 5, 6, 7 de outubro17-20 horas

H.C. de Valdeorras1, 2, 3, 4 de xuño17-20 horas

Actividade formativa nº 37. Denominación: conductor de instalacións.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 25.

-Horas da actividade formativa por edición: 112.

-Destinatarios: por orde prioritaria: 1º calefactores, electricistas e mecánicos. 2º Outro persoal de mantemento.

-Obxectivos: imparti-los coñecementos necesarios para o desempeño do posto de conductor de instalacións en II.SS. do Sergas.

-Contidos: definición do mantemento. Sistemas de mantemento. O mantemento preventivo e correctivo. Os custos do mantemento. Influencia dos métodos. Control das instalacións. Aspectos técnicos. Emerxencias. Prevención de riscos. Augas potables e augas de diálise. Electricidade. Fluídos térmicos. Gases medicinais.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H.U. de Santiago de Compostela4, 11, 18, 25 de maio; 1, 8, 15 de xuño; 28 de setembro; 5, 13, 19, 26 de outubro; 2, 9 de novembro9-14 horas/16-19 horas

C.H. de Ourense5, 12, 19, 26 de maio; 2, 9, 16 de xuño; 29 de setembro; 6, 14, 20, 27 de outubro; 3, 10 de novembro9-14 horas/16-19 horas

Actividade formativa nº 38. Denominación: estudio do marco normativo e funcional do persoal administrativo.

-Nº de edicións: 4.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 20.

-Destinatarios: administrativos, auxiliares administrativos e persoal de servicios xerais de II.SS. do Sergas.

-Obxectivos: revisa-la orientación e formación dos grupos profesionais destinatarios e o seu papel nas II.SS. do Sergas.

-Contidos: réxime xurídico do persoal non sanitario da función administrativa. Características e funcións das distintas categorías: revisión das súas funcións e da execución prestacional. O seu papel na estructura das institucións sanitarias. Perspectivas de futuro. Atención ó usuario e información: nocións básicas para a mellora da formación.

-Criterios específicos de selección: con anterioridade ós criterios establecidos con carácter xeral, deberá facerse un reparto proporcional do total de prazas do xeito seguinte: 80% das prazas para administrativos e auxiliares administrativos e 20% das prazas para o persoal de servicios xerais.

Lugar de celebraciónDatasHorario

X.A.P. da Coruña-Ferrol (A Coruña)6, 7, 10, 11, 12, 13, 14 de maio17-20 horas

X.A.P. de Santiago de Compostela27, 28, 29, 30 de setembro; 1, 4, 5 de outubro17-20 horas

X.A.P. de Lugo3, 4, 7, 8, 9, 10, 11 de xuño17-20 horas

X.A.P. de Pontevedra-Vigo (Vigo)24, 25, 26, 27, 28, 31 de maio; 1 de xuño17-20 horas

Actividade formativa nº 39. Denominación: estatuto marco.

-Nº de edicións: 1.

-Nº máximo de prazas por edición: 25.

-Horas da actividade formativa por edición: 8.

-Destinatarios: persoal que ocupe postos de responsabilidade na área de recursos humanos.

-Obxectivos: actualizar, nos seus aspectos básicos, os coñecementos de persoal sobre a normativa de futura aplicación no seu réxime xurídico.

-Contidos: Estatuto marco: antecedentes normativos, aspectos básicos do proxecto de Estatuto marco, o proxecto de Estatuto básico da función pública: cuestións fundamentais. Situación actual e perspectivas de futuro normativo do persoal estatutario.

Lugar de celebraciónDatasHorario

División de Recursos Humanos do Sergas4 de xuño10-14 horas/16-20 horas

Actividade formativa nº 40. Denominación: saúde laboral: aspectos básicos.

-Nº de edicións: 8.

-Nº máximo de prazas por edición: 30.

-Horas da actividade formativa por edición: 10.

-Destinatarios: por orde prioritaria: 1º membros dos comités de seguridade e saúde das áreas sanitarias de II.SS. do Sergas. 2º Membros dos grupos de traballo de seguridade e saúde das áreas sanitarias de II.SS. do Sergas. 3º Outros profesionais interesados.

-Obxectivos: desenvolvemento e mellora da competencia dos membros dos comités de área nos aspectos básicos de saúde laboral e prevención de riscos laborais.

-Contidos: aspectos normativos en materia de prevención de riscos laborais. Plan de riscos laborais: elaboración e execución. Comités de saúde: competencias. Peculiaridades da prevención de riscos e saúde laboral nas II.SS. do Sergas.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza14, 15, 16 de xuño17-20 horas

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos18, 19, 20 de maio17-20 horas

C.H.U. de Santiago de Compostela4, 5, 6 de maio17-20 horas

C.H. Xeral-Calde15, 16, 17 de xuño17-20 horas

H.C. de Burela1, 2, 3 de xuño17-20 horas

X.A.P. de Ourense10, 11, 14 de xuño17-20 horas

C.H. Xeral-Cíes7, 8, 9 de xuño17-20 horas

C.H. de Pontevedra10, 11, 12 de maio17-20 horas

Actividade formativa nº 41. Denominación: recursos humanos: a responsabilidade dos profesionais sanitarios.

-Nº de edicións: 1.

-Nº máximo de prazas por edición: 30.

-Horas da actividade formativa por edición: 8.

-Destinatarios: responsables das áreas de recursos humanos e asesoría xurídica.

-Obxectivos: actualiza-los coñecementos e tendencias xurisprudenciais en materia de responsabilidade, co obxectivo de mellora-la información que se facilita polos centros ó persoal sanitario.

-Contidos: a responsabilidade do persoal ó servicio das administracións públicas: aspectos normativos. A responsabilidade civil dos profesionais sanitarios. O consentimento informado. A responsabilidade penal do persoal sanitario: imprudencia e neglixencia. A responsabilidade disciplinaria do persoal sanitario.

Lugar de celebraciónDatasHorario

División de Recursos Humanos do Sergas20, 21, 22 de setembro17-20 horas

Actividade formativa nº 42. Denominación: análise da normativa comunitaria en productos sanitarios.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 25.

-Horas da actividade formativa por edición: 8.

-Destinatarios: persoal de II.SS. do Sergas con responsabilidade nos servicios de contabilidade, contratación administrativa, compras e subministros.

-Obxectivos: actualización dos coñecementos en materia de productos sanitarios.

-Contidos: trasposición á lexislación española da Directiva 93/42/CEE. Desenvolvemento do Real decreto 414/1996 que regula productos sanitarios.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza4 de outubro10-14 horas/16-20 horas

Hospital do Meixoeiro5 de outubro10-14 horas/16-20 horas

Actividade formativa nº 43. Denominación: organización do sistema nacional de saúde. Especial consideración á organización no Sergas.

-Nº de edicións: 1.

-Nº máximo de prazas por edición: 25.

-Horas da actividade formativa por edición: 11.

-Destinatarios: representantes sindicais membros da Mesa Sectorial de Negociación do persoal sanitario.

-Obxectivos: revisa-la situación actual en materia de organización sanitaria, tanto no seu aspecto normativo como no de xestión.

-Contidos: modelos de organización: o Sistema Nacional de Saúde. Sistemas comparados. Situación actual: descentralización da xestión. Consideracións éticas. O Servicio Galego de Saúde: a súa evolución. Situación actual. Perspectivas de futuro.

-Criterios específicos de selección: será determinado por acordo entre as organizacións sindicais asinantes deste plan de formación continua.

Lugar de celebraciónDatasHorario

División de Recursos Humanos do Sergas27, 28, 29, 30 de setembro17-19 horas

Actividade formativa nº 44. Denominación: sistema contable e orzamentario. Contratación administrativa. Xestión de compras e servicios en institucións sanitarias.

-Nº de edicións: 2.

-Nº máximo de prazas por edición: 30.

-Horas da actividade formativa por edición: 36.

-Destinatarios: persoal de II.SS. do Sergas que presta servicios nas áreas de contabilidade, xestión de compras e contratación administrativa.

-Obxectivos: actualización dos coñecementos en materia de xestión económica e compras para favorece-la reciclaxe profesional.

-Contidos: contabilidade orzamentaria. Control orzamentario. Aspectos xerais da contratación pública. Estructura e organización das compras no sector sanitario como empresa de servicios.

Lugar de celebraciónDatasHorario

C.H. de Ourense4, 5, 6, 7, 8, 13, 14, 15, 18, 19, 20, 21 de outubro17-20 horas

C.H. Xeral-Calde18, 19, 20, 21, 24, 25, 26, 27, 28, 31 de maio; 1, 2 de xuño17-20 horas

Actividade formativa nº 45. Denominación: a negociación colectiva nas institucións sanitarias: pactos e acordos.

-Nº de edicións: 1.

-Nº máximo de prazas por edición: 35.

-Horas da actividade formativa por edición: 20.

-Destinatarios: grupos A, B e C da función administrativa.

-Obxectivos: estudio da negociación colectiva e participación do persoal nas condicións de traballo co fin de favorece-lo desenvolvemento profesional dos participantes.

-Contidos: antecedentes normativos. Situación actual e perspectivas de futuro. Características e importancia do proceso negociador. Secuencias e ultimación do proceso negociador. Importancia do consenso: análise dos pactos e acordos. Técnicas de negociación e resolución de conflictos.

Lugar de celebraciónDatasHorario

División de Recursos Humanos do Sergas3, 4, 5, 6, 7, 10, 11 de maio17-20 horas