Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.435

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 5 de febreiro de 1999 pola que se resolve a creación formal e integración de centros bibliotecarios na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Vista a proposta do director xeral de Promoción Cultural, de conformidade co establecido no artigo 6 e 10 da Orde do 21 de novembro de 1995 na que se desenvolve o Decreto 24/1995, do 20 de xaneiro, polo que se regulan os centros bibliotecarios fixos no referente á creación de bibliotecas municipais en colaboración coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e pola que se regula a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Procédese a crear formalmente e integrar na Rede de Bibliotecas de Galicia os centros bibliotecarios relacionados no anexo, comezando pola Biblioteca Pública Municipal do Milladoiro do Concello de Ames e rematando pola Biblioteca Pública Municipal da Rapeira do Concello de Portas.

Segundo.-A resolución favorable de creación e integración estará condicionada á sinatura dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servicio público que deberá axustarse ó estipulado na Orde do 21 de novembro de 1995 na que se desenvolve o Decreto 24/1995, do 20 de xaneiro, que regula os centros bibliotecarios fixos, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.

Terceiro.-O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO

-Biblioteca Pública Municipal do Milladoiro. Concello de Ames.

-Axencia Municipal de Lectura de Toxiño. Concello de Aranga.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Ares.

-Axencia Municipal de Lectura de Oseiro. Concello de Arteixo.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Camariñas.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Corcubión.

-Axencia Municipal de Lectura de Rutis-Vilaboa. Concello de Culleredo.

-Biblioteca Pública Municipal do Ézaro. Concello de Dumbría.

-Axencia Municipal de Lectura do Concello de Dumbría.

-Axencia Municipal de lectura do Concello de Frades.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Laxe.

-Axencia Municipal de Lectura de Bemantes. Concello de Miño.

-Axencia Municipal de Lectura de Portosín. Concello de Porto do Son.

-Axencia Municipal de Lectura da Ramallosa. Concello de Teo.

-Axencia Municipal de Lectura de San Vicente de Rial. Concello de Val do Dubra.

-Axencia Municipal de Lectura Neira Vilas do Concello de Touro.

-Axencia Municipal de Lectura do Concello de Abadín.

-Axencia Municipal de Lectura do Concello de Cospeito.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello do Vicedo.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Barbadás.

-Axencia Municipal de lectura do Concello de Beariz.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello da Bola.

-Axencia Municipal de Lectura do Concello do Bolo.

-Axencia Municipal de Lectura de Valeixe. Concello da Cañiza.

-Axencia Municipal de Lectura do Concello do Covelo.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello da Lama.

-Biblioteca Pública Municipal da Carballeira. Concello de Ourense.

-Axencia Municipal de Lectura do Concello de Paderne de Allariz.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Parada de Sil.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello da Peroxa.

-Biblioteca Pública Municipal de San Francisco. Concello de Ourense.

-Axencia Municipal de Lectura do Concello de Riós.

-Axencia Municipal de Lectura do Concello de Taboadela.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello da Veiga.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Dozón.

-Axencia Municipal de Lectura de Ribadetea. Concello de Ponteareas.

-Axencia Municipal de Lectura de Sta. Mª de Xeve. Concello de Pontevedra.

-Biblioteca Pública Municipal da Rapeira. Concello de Portas.