Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.435

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 5 de febreiro de 1999 pola que se resolve a integración de centros bibliotecarios na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Vista a proposta do director xeral de Promoción Cultural, de conformidade co establecido no artigo 10 da Orde do 21 de novembro de 1995 na que se desenvolve o Decreto 24/1995, do 20 de xaneiro, polo que se regulan os centros bibliotecarios fixos no referente á creación de bibliotecas municipais

en colaboración coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e pola que se regula a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Intégranse na Rede de Bibliotecas de Galicia os centros bibliotecarios relacionados no anexo, comezando pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Aranga e rematando pola Biblioteca Pública Municipal Castelao do Concello de Silleda.

Segundo.-A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servicio público que deberá axustarse ó estipulado na Orde do 21 de novembro de 1995 na que se desenvolve o Decreto 24/1995, do 20 de xaneiro, que regula os centros bibliotecarios fixos, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.

Terceiro.-O prazo de sinatura deste convenio non deberá ser superior ós tres meses. De non cumprirse este prazo deixarase sen efecto a posible resolución favorable e suporá o arquivo definitivo da solicitude.

Cuarto.-O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Aranga.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Betanzos.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Boimorto.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Carral.

-Biblioteca Municipal de Estudios Locais do Concello da Coruña.

-Biblioteca Municipal Infantil do Concello da Coruña.

-Biblioteca Municipal Sagrada Familia do Concello da Coruña.

-Biblioteca Pública Municipal Miguel González Garcés do Concello de Culleredo.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Ordes.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Xermade.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Coles.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Lobios.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Sarreaus.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Cambados.

-Axencia Municipal de Lectura de Vilariño. Concello de Cambados.

-Axencia Municipal de Lectura de Corbillón. Concello de Cambados.

-Axencia Municipal de Lectura de Castrelo. Concello de Cambados.

-Axencia Municipal de Lectura de Oubiña. Concello de Cambados.

-Biblioteca Pública Municipal de Tenorio. Concello de Cotobade.

-Biblioteca Pública Municipal de Carballedo. Concello de Cotobade.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Forcarei.

-Biblioteca Pública Municipal de Soutelo de Montes. Concello de Forcarei.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Moraña.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén.

-Biblioteca Pública Municipal Castelao do Concello de Silleda.