Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.433

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 50/1999, do 18 de febreiro, polo que se declara a delimitación do contorno de protección do mosteiro de Santa María, no concello de Monfero, provincia da Coruña.

A Gaceta de Madrid do 4 de xuño de 1931, publicaba un Decreto do 3 de xuño, polo que se declaraba

monumento histórico o mosteiro de Santa María, no municipio de Monfero, provincia da Coruña.

Sendo a citada declaración, anterior á entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, é preciso na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno.

Con data do 12 de novembro de 1998, publicouse unha Resolución do 22 de outubro da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración da delimitación do seu contorno.

A tramitación do expediente levouse a cabo de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (DOG do 8 de novembro), e demais desposicións concordantes.

Por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de febreiro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declara-la delimitación do contorno de protección do mosteiro de Santa María, no concello de Monfero, provincia da Coruña (artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia).

Segundo.-A zona da delimitación é a comprendida no anexo I e no plano do anexo II.

Terceiro.-O presente decreto será notificado ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó concello e ós interesados.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

A-B-C-D-E. Liña que partindo do lugar de Visura discorre pola pista asfaltada que parte cara a Bouzamaior, e a 1.110 m, antes de chegar ó lugar de Piladaleña, desvíase á dereita pa uni-los cumios do Monte Chouso (a cotas 559,0 e 566,0) e despois baixar pola divisoria das augas ata enlazar coa pista asfaltada que leva ó lugar de Dialcabo e Illa.

E-F. Liña que discorre pola dita pista, en dirección oeste, ata enlazar coa estrada que vai do núcleo de Monfero ó mosteiro.

F-G-H. Liña que discorre pola devandita estrada Monfero-mosteiro uns 300 m para desviarse á esquerda por unha senda que leva ó lugar de Rego de Eixo, parándose, 200 m antes de chegar ó lugar, onde parte á dereita, una pista sen asfaltar.

H-I-A. liña que comeza na devandita pista sen asfaltar e discorre uns 700 m e desvíase, á dereita, por un camiño veciñal que conduce ó lugar de Visura, pechando así a delimitación.