Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.432

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 49/1999, do 18 de febreiro, polo que se declara a delimitación do contorno de protección da igrexa de San Pedro de Rocas, no concello de Esgos, provincia de Ourense.

A Gaceta de Madrid do 26 de setembro de 1923, publicaba unha real orde do 20 de setembro, polo que se declaraba monumento histórico artístico a igrexa de San Pedro de Rocas, no concello de Esgos, provincia de Ourense.

Sendo aquela declaración anterior á entrada en vigor da Lei 8/19995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, é preciso na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno.

Con data do 27 de xaneiro de 1997 publicouse unha Resolución do 10 de xaneiro da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración da delimitación do seu contorno.

A tramitación do expediente levouse a cabo de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (DOG do 8 de novembro), e demais desposicións concordantes.

Por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de febreiro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declara-la delimitación do contorno de protección da igrexa de San Pedro de Rocas, no concello de Esgos, provincia de Ourense (artigo 11 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia).

Segundo.-A zona da delimitación é a comprendida no anexo I e no plano do anexo II.

Terceiro.-O presente decreto será notificado ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó concello e ós interesados.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura,Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

O punto 1 queda fixado na intersección entre o límite municipal de Esgos con Pereiro de Aguiar e a estrada de Triós a Lobaces.

1.2. Tramo de 60 m coincidente co límite municipal, en dirección S, ata atopa-lo regueiro de Triós, para seguir por el ata chegar á estrada de Tarreirigo a Loña do Monte.

2.3. Estrada de Tarreirigo a Loña do Monte, en dirección S, ata a bifurcación que leva a Cernada e Arcos.

3.4. Estrada que leva a Arcos ata a estrema común das parcelas catastrais 164 e 224, do polígono 21.

4.5. Camiño en dirección S, uns 300 m, e logo en dirección E ata a estrema común das parcelas 269 e 268, do polígono 21.

5.6. Liña coincidente coas estremas O das parcelas 268, 373, 364 e 362 e estremas S das parcelas 335, 394, 437, 439 e 442, do polígono 21, ata saír ó camiño.

6.7. Liña que engloba a parcela 463 polas estremas O e S, segue polas estremas S das parcelas 674, 675, 676, 1160, 1161, e estremas O das parcelas 667, 612, 690, 691, 692, 693, 694 e 695, do polígono 21, ata saír ó camiño de Melón de Abaixo.

7.8. Liña coincidente coas estremas O e S da parcela 20, estremas O das parcelas 21, 22 e 23, estremas S das parcelas 23, 24 e 30, estremas NO e SO da parcela 35, estrema SO da parcela 37 e estremas NE das parcelas 39, 215, 216, 217 e 218, do polígono 1, ata saír á estrada de Esgos a Melón de Abaixo.

8.9. Estrada de Esgos a Melón de Abaixo, en dirección S, ata un punto de prolongación da estrema S da parcela 229 a.

9.10. Liña coincidente coa estrema S da parcela 229ª e a súa prolongación ata a estrada, segue polos lindeiros S das parcelas 339, 337, 352, 353, 354, 355, 357, 358, 361, 364, 373, 392, e 391, do polí

gono 1 e das parcelas 981,765, 766, 767, 838, 839, 840, 843, 891, 929 e 927, do polígono 21.

10.11. Liña coincidente coas estremas O das parcelas 896, 899, 888,e 878, do polígono 21 e das parcelas 65, 64, 63, 76, 79, 80, 83, 98, 99, 100, 101 e 126, do polígono 20 e estremas S das parcelas 55, 46 e 47, do polígono 20, ata saír ó camiño que leva a Tarreirigo.

11.12. Camiño que leva a Tarreirigo ata a estrema común das parcelas 399 e 398 do polígono 19.

12.13. Líña coincidente coas estremas NE das parcelas 398, 395, 394 e 393, estrema NO da parcela 393, estrema N da parcela 371, estremas E e N da parcela 379, estrema N das parcelas 378, 377 e 376, estremas E, N e O da parcela 382, estremas NE e NO das parcelas 436, 349 e 434, todas elas do polígono 19, ata saír á estrada de Tarreirigo a Esgos e Covas.

13.14. Estrada de Tarreirigo a Covas ata a súa intersección co límite municipal de Esgos con Pereiro de Aguiar.

14.1. Liña coincidente co límite municipal, que cerra a delimitación en dirección N.