Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.425

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1999 pola que se fai público o resultado do sorteo ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 9 de febreiro de 1999 da Consellería da Presidencia e Administración Pública (DOG nº 31, do 16 de febreiro) e o establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comu

nidade Autónoma de Galicia, o día 23 de febreiro no salón sito na última planta do edificio da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio de San Caetano, en Santiago de Compostela, e baixo a presidencia do director xeral da Función Pública, tivo lugar o sorteo ó que alude a citada resolución. Conforme o resultado deste, a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que se deriven da oferta de emprego público correspondente ó ano 1999, empezará por aqueles nos que o primeiro apelido empece pola letra «G».

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública