Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, en sesión do 5 de febreiro de 1999, aprobou definitivamente o proxecto de delimitación e os proxectos de estatutos e bases de actua

ción da Xunta de Compensación do polígono 1 do solo urbanizable programado número 5(SUP-5) da Choupana, promovidos pola Sociedade Cooperativa Limitada de Vivendas Vivenda Local Galega.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ou de se-lo caso, xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio, os propietarios de terreos afectados por esta actuación poderán solicita-la súa incorporación á xunta de compensación.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado