Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión do 15 de febreiro, aprobou inicialmente un estudio de detalle para a reordenación do polígono 1 do plan parcial do solo urbanizable programado número 5 (SUP-5) na Choupana, promovido pola Sociedade Cooperativa Limitada de Vivendas Vivenda Local Galega.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

O ámbito da actuación está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: estrada de Santiago a Noia (C-543), entre o nó de Romero Donallo e terreos do polígono 2 do plan parcial.

Sur: barrio de Santa Marta de Abaixo e edificacións que dan fronte á rúa da Espiñeira.

Leste: terreos do polígono 2 do plan parcial.

Oeste: confluencia das avenidas Mestre Mateo e Romero Donallo, e rúa de Tras Espiñeira.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado