Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución e funcionamento da xunta de compensación da U.E. I-03 Metalúrxica. (Expediente 4133/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 4 de febreiro de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución e funcionamento da xunta de compensación da U.E. I-03 a Metalúrxica, sométendoo a información pública polo prazo de vinte días mediante inserción de anuncios no DOG, segundo o establece o artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento segundo o establecido no artigo 133.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia en relación co artigo 102 da mesma lei. O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de información urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da casa do concello).

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos na citada lei, así como no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 17 de febreiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo