O director xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-los concursos que a continuación se citan:
Expediente CPS5/99:
1. Obxecto: servicio de transporte do persoal sanitario do PAC de Ourense.
2. Orzamento máximo anual: 3.500.000 ptas. (IVE incluído).
Expediente CPS6/99:
1. Obxecto: servicio de transporte do persoal sanitario do PAC do Barco de Valdeorras.
2. Orzamento máximo anual: 2.600.000 ptas. (IVE incluído).
Expediente CPS7/99:
1. Obxecto: servicio de transporte do persoal sanitario do PAC de Verín.
2. Orzamento máximo anual: 2.600.000 ptas. (IVE incluído).
Expediente CPS8/99:
1. Obxecto: servicio de transporte do persoal sanitario do PAC de Ribadavia.
2. Orzamento máximo anual: 2.600.000 ptas. (IVE incluído).
Expediente CPS9/99:
1. Obxecto: servicio de transporte do persoal sanitario do PAC do Carballiño.
2. Orzamento máximo anual: 3.000.000 de ptas. (IVE incluído).
Expediente CPS10/99:
1. Obxecto: servicio de transporte do persoal sanitario do PAC de Xinzo de Limia.
2. Orzamento máximo anual: 2.600.000 ptas. (IVE incluído).
Expediente CPS11/99:
1. Obxecto: servicio de transporte do persoal sanitario do PAC de Celanova.
2. Orzamento máximo anual: 2.600.000 ptas. (IVE incluído).
3. Prazo de execución: 4 anos a partir da data da rúbrica do contrato, prorrogable ata un máximo de 6, por acordo das partes.
4. Forma de adxudicación: concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente.
5. Admisión de variantes: non se admitirán variantes.
6. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.
7. Clasificación: non se esixe.
8. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Criterios de adxudicación:
Dispoñibilidade dun segundo vehículo: 30%.
Dispoñer de vehículo acondicionado para funcións sanitarias: 30%.
Mellora no tempo de resposta: 20%.
Proximidade da base ó PAC: 15%.
Proposta económica: 5%.
Cada criterio avalíase de 0 a 10 e multiplícase polo peso porcentual que lle corresponda.
10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Subministración da
Xerencia de Atención Primaria de Ourense, sita na Avda. de Zamora, 13-3ª planta, 32005 Ourense. Teléfono: 988 38 64 37, fax: 988 38 64 50, tódolos días laborables, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.
11. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
12. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.
13. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso serán por conta do/s adxudicatario/s do contrato.
Ourense, 18 de febreiro de 1999.
José F. Troncoso Casares
Director xerente de Atención Primaria de Ourense