Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1999, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia o concurso público aberto, por tramitación urxente, a contratación do servicio de almacenamento e distribución de subministracións e o traslado de mostras clínicas ós laboratorios de referencia (CPS 12/1999).

O director xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998 DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve, anuncia-la contratación do servicio que a continuación se cita:

Obxecto: contratación do servicio de almacenamento e distribución de subministracións e o traslado de mostras clínicas ós laboratorios de referencia.

Orzamento: o orzamento máximo de 18.600.000 ptas. (IVE incluído) anualmente e de 13.950.000 ptas. (IVE incluído) para o período de ano que queda desde o 1-4-1999 ata o 31-12-1999.

Xeito de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e trámite urxente.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeira: aplicarase o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: aplicarase o dispoto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realízase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican.

1. Memoria de execución do servicio e plan detallado da organización do almacén tendo en conta as condicións mínimas sinaladas no prego de prescricións técnicas, especificando con detalle e precisión o plan de traballo, número de vehículos asignados ó transporte, periodicidad nos prazos de entrega e todos aqueles aspectos que permitan efectuar unha correcta valoración do servicio. Máximo 50 puntos.

2. Prezo. 1 punto por cada 100.000 ptas. menos do orzamento. Máximo 20 puntos.

3. Tamaño do local. Superior a 500 m (1 punto por cada 100 m de exceso). Máximo de 15 puntos.

4. Dispor de rede de transporte con tódolos concellos da provincia funcionando na actualidade, especificando número de vehículos e periodicidad das rutas por concello 10 puntos.

5. Mellora-la hora fixada de entrega de mostras no laboratorio de referencia a razón de 1 punto por cada 5 minutos con un máximo de 5 puntos.

6. Experiencia acreditada (informe do organismo especificando claramente o alcance do servicio) en servicios similares con organimos públicos ou privados 5 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser retirada na Dirección de Xestión de Atención Primaria de Ourense, sita na avenida de Zamora nº 13, 3ª planta, 32005 Ourense. Teléfono 988 38 64 31, fax 988 38 64 51 en días hábiles desde as 9 hasta as 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Xerencia de Atención Primaria, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo, no xeito indicado no punto 9.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas realizaa a mesa de contratación reunida para tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que terán que presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 23 de febreiro de 1999.

José Fermín Troncoso Casares

Director xerente de Atención Primaria de Ourense