Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos da Organización de Productores Mejilloneros de las Rías Gallegas (Opmegal).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 19 de xaneiro de 1999 certificación expedida polo secretario da devandita asociación, José Benito González Piñeiro, avalada co visto e prace do presidente, Manuel Pérez Alcalde, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade na asamblea celebrada o 28 de outubro de 1998, relativo ó traslado do domicilio social da asociación, que se fixa na rúa Robustiano Pérez del Río nº 7, entreplanta B, 15930 Boiro (A Coruña).

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1999.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais