Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da asistencia técnica consistente na instalación, montaxe e atención dun stand institucional da consellería no XIII Salón Internacional do Club de Gourmets.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: instalación, montaxe e atención dun stand institucional da consellería no XIII Salón Internacional do Club de Gourmets, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o stand totalmente instalado e en condicións de empezar a cumpri-las súas funcións, será entregado antes das 20 horas do día 15 do mes de abril do ano 1999, e estará á disposición da consellería ata finalizado o certame e os labores de recollida e desmontaxe del, o día 20 do mesmo mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concuso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dezanove millóns trescentas cincuenta e oito mil oitocentas corenta pesetas (19.358.840 ptas.). (116.348,972 euros).

5. Garantías.

Provisional: trescentass oitenta e sete mil cento setenta e sete pesetas (387.177 ptas.). (2.326,981 euros).

Definitiva: setecentas setenta e catro mil trescentas cincuenta e catro pesetas (774.354 ptas.). (4.653,961 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación (Subdirección Xeral de Comercialización Agroalimentaria-Servicio de Promoción Agroalimentaria) da Consellerái de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade y código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 25.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborais, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 29 de marzo de 1999.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 31 de marzo de 1999.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria