Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/383-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sucesores de Severino Gómez, S.A.

Domicilio social: Guillarei, 36720 Tui.

Denominación: central de coxeración en Guillarei.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: central de coxeración con dous grupos motoxeradores a gas natural. Motor de 1.123,5 kW. Alternador de 1.375 kVA, 400 V, 1.100 kW. Recuperación de calor, mesturador e intercambiador. Dous trafos de 1.600 kVA cada un, 20 kV-400 V en Guillarei, concello de Tui.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra