Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/43-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Metalgráfica Gallega, S.A.

Domicilio social: Avda. Las Carolinas, 25-31, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: central de coxeración en Avda. As Carolinas.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: central de coxeración con dous grupos motoxeradores de 1.006 kV, 400 V equipo recuperación de calor con dous intercambiadores gases/aire. Caldeira de 768.000 kCAl/H de auga sobrequentada. Equipo eléctrico de control, regulación e sincronización. Trafo principal de 2.500 kVA, 20.000/400 V. Estación de regulación e medida do gas natural, sita na Avda. As Carolinas, concello de Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra