Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/375-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Eléctrica Fuciños Rivas, S.L.

Domicilio social: Ronda da Coruña, 36, 15000 Melide.

Denominación: L.M.T.S., r/ Martín Freire e C.T. de Codeseira.

Situación: Melide.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 600 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 150 mm Al que parte do C.T., r/ Martín Freire e final no C.T. Codeseira, C.T. tipo interior con trafo de 250 kVA a 15/20 kV. B.2. Melide.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña