Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/374-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Eléctrica Fuciños Rivas, S.L.

Domicilio social: Ronda da Coruña, 36, 15000 Melide.

Denominación: L.M.T.S., C. da Feira-Inst. CC.TT. Cam. de Santiago e r/ A. Brown.

Situación: Melide.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV en conductor R.H.V. de 95 e 150 mm Al, de 1.420 m que parte da L.M.T. aérea en Campo da Feira, pasa polo C.T. Camiño de Santiago, C.T. r/ Almirante Brown, C.T. Instituto Vello e final na L.M.T. subterránea C.T. Instituto Novo. CC.TT. na r/ Camiño de Santiago e r/ Almirante Brown de 160 kVA c/u tipo caseta prefabricada. Concello de Melide.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña