Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1999 pola que se convoca concurso con procedemento aberto e tramitación urxente para a contratación da asistencia técnica para a codificación e posta en marcha das aplicacións do IVTM e BOP da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 98/10551 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: asistencia técnica para a codificación epost en marcha das aplicacións de IVTM e BOP da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: tres meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 4.000.000 de pesetas, 24.040,48 euros (dous lotes).

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía defintiva: lote 1: 80.000 ptas., lote 2: 80.000 ptas.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 22 de febreiro de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña