Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 26 de xaneiro de 1999, o prego de cláusulas administrativas particulares, que rexerán a contratación mediante tramitación urxente e por concurso aberto das obras do proxecto de reforma da luz pública en Vilalba (Auditoría Enerxética), exponse ó público por prazo de oito días, na secretaría deste concello, para os efectos previstos nos artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de cláusulas administrativas particulares, a contratación mediante tramitación urxente e por concurso aberto das obras do proxecto de reforma da luz pública en Vilalba (Auditoría Enerxética), se ben, no suposto de que se producisen reclamacións contra o prego, a contratación aprazarase ata que sexan resoltas pola propia corporación.

Vilalba, 19 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado