Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1999 pola que se convoca concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria para a contratación da subministración dun vehículo de representación e unha furgoneta con destino ó parque móbil da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 99/1290 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración dun vehículo de representación e unha furgoneta con destino ó parque móbil da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación; concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 8.100.000 ptas., 48.681,98 euros desagregado en 2 lotes do que, deducida a valoración

dos vehículos usados (220.000 ptas., 1.322,23 euros), resulta un orzamento de 7.800.000 pesetas, 47.359,75 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: lote 1: 240.000 ptas., 1.442,43 euros; lote 2: 84.000 ptas., 504,85 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 22 de febreiro de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña