Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda darlle publicidade ó acordo do 22-12-1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de efectos ambientais do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación chamada Penizas, número 2321.

Visto o Decreto 327/1991, do 4 de outubro (Diario Oficial de Galicia do 15 de outubro) de avaliación de efectos ambientais para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 22-12-1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de efectos ambientais do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión de explotación denominada Penizas nº 2321, sita en terreos do termo municipal de Tui, provincia de Pontevedra, promovido por Ramilo, S.A.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 7.000 m comprendida dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 2 cuadrículas mineiras, delimitado polos paralelos 42º 04' 40'', 42º 05' 00'' norte, e polos meridianos 8º 38' 20'', 8º 39' 00'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Penizas nº 2321, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 5 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra