Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, dunha planta de coxeración que se cita. (Expediente 98/932).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Elaboradora de Cefalópodos, S.A., con enderezo social no polígono industrial de Bergondo, Parc. 14-B no concello de Bergondo (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que se vai executar na empresa situada no anterior enderezo.

-Planta de coxeración que se vai instalar na factoría da sociedade en Bergondo, composta por un motor de combustión interna, alimentado a gasóleo cunha potencia de 1.163,5 kW.

-Un xerador de 1.300 kVA de potencia, factor de potencia 0,85 e tensión de xeración 0,4 kV.

-Instalacións de almacenamento de combustible, conexión, protección, mando, sinalización e medida.

Lugar onde se vai establece-la instalación: factoría da sociedade no polígono industrial de Bergondo (A Coruña).

Orzamento: 110.707.500 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15009 A Coruña.

A Coruña, 22 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña