Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 67/1998).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 1.015 m de lonxitude desde a liña ó C.T. de Castromil, centro de transformación tipo intemperie e rede de baixa tensión no lugar de Cazuín, no termo municipal de Aranga (expediente 67/1998), por resolución desta delegación provincial do 8 de outubro de 1998 a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio na Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 10 de marzo de 1999 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Aranga, deducida da que se someteu a información púlica no Diario Oficial de Galicia do 8-6-1998, no BOP do 27-5-1998 e no xornal La Voz de Galicia do 20-5-1998, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida Casa Consistorial.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 3 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña