Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 126/1996).

Outorgada a declaración de utilidade pública en concreto, da liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 1.172 m de lonxitude desde a liña Portodemouros-Cornados, centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar de Vilar-Rosende, no termo municipal de Touro (expediente 126/1996), por Decreto 319/1998, do 6 de novembro, declárase a urxente ocupación de bens ou dereitos que se afectan polas referidas instalacións, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo nº 171, 15007 A Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 2 de marzo de 1999 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán o ben e o dereito expropiable e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación que se somete a información no taboleiro de edictos do Concello de Touro; acto o que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalando os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida Casa do Concello.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir

ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña