Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/386-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares 23-2º Ofic. 2, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T e C.T. edificio Ceo das Anduriñas 1-Rúa un.

Situación: Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 160 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 2 da L.M.T. xeral Salvaterra-Ponteareas, rematando no C.T. que se proxecta no edifico Ceo das Anduriñas 1, na rúa un, concello de Salvaterrra de Miño. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20kV-230/398 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 30 de decembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra